Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 21 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 15 de febreiro de 2002 dictada no expediente sancionador AC-139/2001, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á sociedade interesada que a seguir se relaciona, a resolución da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña, dictada no expediente sancionador en materia de turismo número AC-139/2001, incoado á sociedade titular do establecemento de restaurante denominado El Manantial, situado na rúa Puerta de Aires, nº 4, baixo, do concello da Coruña, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun (1) mes, desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que coiden oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: AC-139/2001.

Denunciado: Servicios Hostelería El Manantial, S.L.

Establecemento: restaurante El Manantial.

Enderezo: rúa Puerta de Aires, 4, baixo.

Localidade: A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 86, puntos 1º, 3º e 5º da Lei 9/1997.

Resolución: 15 de febreiro de 2002.

Sanción: multa de cento oitenta euros (180 euros).

A Coruña, 21 de febreiro de 2002.

Isabel García Vila

Delegada provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS