Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.854

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA 5* E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BANDE

EDICTO (51/2001).

Manuel Jesús Touriño Araújo, xuíz de Primeira Instancia e Instrucción de Bande e o seu partido, vistos os presentes autos de divorcio contencioso 51/2001 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Aurora Duraes González, representada pola procuradora Quintas Rodríguez e defendida polo letrado Salgado Gómez, e da outra como demandado Jesús Cid Santos declarado en rebeldía e contra o Ministerio Fiscal, sobre divorcio contencioso.

No procedemento de referencia dictou a resolución do teor literal seguinte:

«Que estimando a demanda de divorcio solicitada pola procuradora Quintas Rodríguez, en nome e representación de Aurora Duraes González contra Jesús Cid Santos, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro disolto, por causa de divorcio, o matrimonio formado polos anteriores mencionados cónxuxes, con tódolos efectos legais, en especial en canto á disolución da sociedade de gananciais previda no artigo 1392 do C. C., da que a liquidación se poderá realizar en período de execución de sentencia se as partes o solicitan.

Respecto das medidas, cómpre aproba-las solicitadas pola demandante e por iso acórdanse as seguintes:

a) Os dous fillos do matrimonio quedarán baixo a garda e custodia da nai, sen prexuízo da patria potestade compartida.

O pai poderá estar cos fillos menores as fins de semana alternas, desde o venres, en que o pai os recollerá no domicilio materno ás 19 horas, ata o domingo, en que os reintegrará no domicilio materno ás 21 horas.

Os períodos vacacionais escolares repartiranse do seguinte xeito:

-O período vacacional de verán, o pai poderá permanecer cos fillos menores o mes de xullo nos anos pares e en agosto os impares, e a nai permanecerá cos fillos menores no mes de agosto nos anos pares e o de xullo nos impares.

-As vacacións escolares de Nadal dividiranse en dúas metades. A primeira desde o comezo das vacacións ata o 31 de decembro ás 20 horas; a segunda, desde o 31 de decembro ás 20 horas ata o reinicio do período escolar. Cada un dos proxenitores estará cos fillos unha destas metades, alternando cada ano, correspondendo nos anos en que o Nadal recaia en ano par a primeira metade ó pai e a segunda á nai.

-Durante o período vacacional de Semana Santa, os fillos permanecerán cun só dos proxenitores de forma que poderán estar co pai os anos pares e estarán coa nai os impares.

b) O pai satisfará en concepto de contribución ás cargas do matrimonio e alimentos para cada un dos dous fillos a cantidade de 15.000 pesetas ó mes, por meses anticipados, dentro dos seus 5 primeiros días, cantidades que ingresará na conta que a muller designee que deberá actualizar anualmente conforme o índice oficial de prezos ó consumo para o conxunto do Estado.

No se fai pronunciamento sobre as custas procesuais, atendendo á natureza especial do procedemento.

Unha vez firme esta sentencia, remitirase testemuño dela ó Rexistro Civil de Muíños para que se faga a oportuna anotación marxinal no asento correspondente ó matrimonio dos cónxuxes que afecta».

Notifíquese esta resolución e fágase saber que, contra ela, cabe recurso de apelación no prazo de cinco días.

E como consecuencia do paradoiro ignorado de Jesús Cid Santos, redáctase esta cédula para que sirva de notificación.

Bande, 11 de febreiro de 2002.

O/a secretario/a

Rubricado