Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.855

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (513/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos

autos número 513/2001 seguidos por instancia de Ángel Novo Sánchez contra Fedex Rías Altas, S.L., sobre salarios, a maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 8-1-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por Ángel Novo Sánchez contra a empresa Fedex Rías Altas, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ó demandante da suma de 1.950,72 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60 e o depósito especial de 25.000 pesetas na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Fedex Rías Altas, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido na r/ Madame Curie, 6, 15008 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 15 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado