Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.854

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (597/1999).

Carmen Calvo Alonso, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña.

Nos autos de xuízo de cognición número 597/1999-S, sobre resolución de contrato por transformación inconsentida, coas partes que se mencionarán, dictouse a sentencia con encabezamento e parte dispositiva, do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na Coruña o 27 de setembro de 2001. Vistos polo maxistrado-xuíz do xulgado de primeira instancia número nove desta cidade, Pablo González-Carreró Fojón, os presentes autos de xuízo de cognición número 597/1999-S, promovidos como parte demandante por María del Carmen García Lago representado pola procuradora Teodora Real Ruiz contra Gerardo Novo Sánchez, Carmen Núñez Espasandín e Luis Méndez, declarado en rebeldía, en primeira sentencia, díctase en nome de El-Rei a seguinte (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que estimando a demanda deducida pola procuradora Teodora Real Ruiz en nome e representación de María del Carmen García Lago contra Gisleno Gerardo Novo Sánchez, representado pola procuradora Nuria Román Masedo, declaro resolto o contrato de arrendamento que ligaba as partes sobre os locais sitos nos pisos segundo e terceiro da casa número 8 da rúa Herrador desta cidade; en consecuencia condeno o expresado demandado e os tamén demandados Luis Méndez Díaz, en situación procesual de rebeldía, e Carmen Núñez Espasandín, a que no prazo legal desaloxen e deixen libre os dous pisos mencionados, baixo apercibimento de lanzamento se así non o fixesen. Desestimo a demanda en canto que dirixida contra Jesús Vázquez Rodríguez, en situación procesual de rebeldía. Impoño ó codemandado Gerardo Novo Sánchez as custas causadas nesta instancia, agás na parte correspondente á chamada a xuízo dos demais codemandados respecto da cal cada parte deberá aboa-las causadas á súa instancia e as comúns

por metade.

Desestimo integramente a reconvención deducida pola procuradora Román Masedo en nome e representación de Gerardo Novo Sánchez contra María del Carmen García Lago, a cal libremente absolvo de cantos pedimentos se lle dirixiron. Impóñolle ó reconviniente as custas de reconvención.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña que deberá prepararse ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil 1/2000, do 7 de xaneiro.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúnciao, mándao e asínao Pablo González Carreró Fojón. Seguen sinaturas e rúbricas».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde, Luis Méndez, expido e asino este edicto na Coruña, 13 de decembro de 2001.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE BANDE