Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2002 Páx. 3.853

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación de sentencia (376/2001).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, certifico que, no rolo de apelación civil, ó que se fará referencia, dictouse a sentencia co encabezado e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

(Apelación civil).

A Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, constituída polos señores Abel Carvajales Santa Eufemia, presidente, Fernando Alañon Olmedo, maxistrado, Juan Manuel de los Ríos Sánchez, maxistrado substituto, pronunciou a seguinte sentencia:

En Ourense, o 7 de febreiro de 2002.

Vistos, en grao de apelación, por esta sección segunda da Audiencia Provincial, actuando como tribunal civil, os autos de menor contía procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número cinco de Ourense seguidos co número 632/1998, rolo de apelación número 376/2002, entre partes, como apelantes Francisco Galindo Escudero, S.A. (Fragasa), representada polo procurador dos tribunais Mª Gloria Sánchez Izquierdo, e asistido do letrado Jorge Temes Montes e Galletas Halago, S.L. e Luis Álvarez Rodríguez, representados polo procurador dos tribunais Lourdes Lorenzo Ribagorda, e asistidos do letrado José Luis Carnicero Blanco, e, como apelados Alimentos del Noroeste, S.A. (Alinosa) en situación procesual de rebeldía e María Olga Álvarez Curras, non comparecida. É relator Abel Carvajales Santa Eufemia.

Decido que desestimando os recuros de apelación interpostos contra a sentencia de data 19 de febreiro de 2001, dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número cinco de Ourense, debemos confirmala e confirmámola integramente. Non se fai especial mención das custas do recurso.

Ó notificarse esta resolución ás partes, fáganse as indicacións a que se refire o artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta nosa sentencia, da que, en unión dos autos orixinais, se remitirá certificación do xulgado de procedencia para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Abel Carvajales Santa Eufemia. Fernando Alañon Olmedo. Juan Manuel de los Ríos Sánchez. (Rubricadas).

E para que conste e sirva de notificación a Alimentos del Noroeste, S.A., ausente en paradoiro descoñecido e declarado en rebeldía, expido e asino esta cédula en Ourense, 7 de febreiro de 2002.

El secretario

Rubricado