Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2002 Páx. 3.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO das bases da convocatoria dunha praza de cabo da policía local.

A alcaldía-presidencia, con data do 15 de xaneiro de 2002, aprobou as bases específicas para a provisión dunha praza de funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase cabo da policía local, grupo D, incluída na oferta de emprego público para 2000, que se engaden no anexo.

O proceso selectivo rexerase ademais polas bases xerais das convocatorias para cubrir prazas de funcionarios e persoal laboral fixo, aprobadas polo Pleno o 26 de xaneiro de 1996, publicadas no BOP do 3 de abril e no DOG do 25 de abril.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Nigrán, 16 de xaneiro de 2002.

José M. Rial Cadaval

Alcalde

ANEXO

Bases específicas

1. Obxecto da convocatoria: é obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade dunha praza de cabo da policía local vacante no cadro de persoal do concello e dotada coas retribucións básicas e complementarias que figura na mesma. Pertencente á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local, categoría de cabo, grupo D, nivel 18, incluída na oferta de emprego público do ano 2001, publicada no BOP do 26 de marzo.

2. Sistema de selección: establécese o sistema de promoción interna mediante concurso e logo de superar un curso de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade, no que se incluirá un período de prácticas.

O procedemento selectivo rexerase, ademais de polo disposto nas presentes bases, polo previsto nas bases xerais aprobadas por acordo plenario do 26 de xaneiro de 1996 e publicadas no BOP do 3 de abril e no DOG do 25 de abril, e polo disposto no Decreto 204/2000 polo que se refunde a normativa vixente en materia de coordinación de policías locais.

3. Requisitos dos aspirantes: ademais dos xerais xa acreditados no intre de acceder á condición de funcionario, deberá acreditarse o cumprimento dos seguintes requisitos para tomar parte nas probas:

a) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

b) Ser titular do permiso de conducir de clase B-1.

c) Ter prestados servicios no Concello de Nigrán, como policía local e coa categoría de garda, como mínimo durante dous anos (para o efecto deberá achegarse o correspondente certificado expedido pola secretaria xeral do concello). Para estes efectos computarase o tempo de servicios prestados como policía municipal interino.

d) Compromiso de portar armas e, de se-lo caso, chegar a utilizalas, que se prestará mediante declaración xurada e por escrito.

e) Non estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas, nin separado do servicio das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme.

f) Ter ingresado na tesourería do concello a cantidade fixada como dereitos de exame.

g) Só poderán aceder á promoción interna a que se refiren os puntos anteriores os membros das policías locais de Galicia que ingresen no corpo a través da Academia Galega de Seguridade, os que o fixesen con anterioridade a través de academias ou de esco

las municipais de policía local ou os que superen o correspondente curso de capacitación na Academia Galega de Seguridade.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e mantelos ata o momento do nomeamento como funcionario de carreira, se é o caso.

4. Publicidade da convocatoria: o texto íntegro desta bases publicarase no DOG, no BOP e no taboleiro de edictos da casa do concello sen prexuízo das publicación da convocatoria no BOE.

5. Presentación de solicitudes: as instancias nas que solicite tomar parte nas probas selectivas convocadas dirixiranse ó alcalde-presidente do Concello de Nigrán, axustándose ás seguintes normas:

a) Acompañarase da fotocopia do DNI por ámbolos dous lados e xustificante de ingreso dos dereitos de exame, dos méritos que se aleguen e tamén se acompañará o proxecto organizativo do posto de traballo.

Como excepción se o mérito que se alega é ter prestado servicios no Concello de Nigrán, bastará con facelo constar en declaración xurada que se achegará coa solicitude na que figure a data ou datas de inicio e finalizacións dos servicios ó concello. O informe profesional deberá ser solicitado ante a alcaldía no momento de face-la solicitude para participar no concurso e expedido con anterioridade á valoración dos méritos.

b) Nas solicitudes deberán manifestar que reúnen todos e cada un dos requisitos sinalados nas presentes bases, así como comprometerse a presta-lo xuramento ou promesa regulamentaria.

A presentación de instancias poderá facerse no rexistro xeral do concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no BOE.

6. Admisión de aspirantes: rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución pola que se aprobe a lista de admitidos e excluídos, cos motivos da exclusión, así como o lugar e data de valoración do concurso e a designación da comisión de valoración, que se publicará no BOP, no taboleiro de edictos do concello e será notificada de forma persoal a tódolos solicitantes, concedéndolles un prazo de dez días hábiles para alegacións, abstención e recusación dos membros da comisión, todo iso de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

7. Baremo de puntuación de méritos: de conformidade co establecido no anexo I do Decreto 204/2000, do 21 de xullo, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, establécese o seguinte baremo de méritos:

Finalizado o proceso de valoración, en caso de empate na puntuación final, terá preferencia o aspirante de maior antigüidade no servicio.

7. Comisión de valoración: os méritos serán xulgados por unha comisión de valoración que estará composta da seguinte forma:

* Presidente: o da corporación ou membro desta en que delegue.

* Vocais:

-Un representante da Xunta de Galicia designado pola consellería competente por proposta da Academia Galega de Seguridade, de entre os profesionais de policía local de Galicia.

-Un funcionario de carreira con responsabilidade na área designado polo presidente da corporación.

-Un representante nomeado polos delegados de persoal do concello.

-Un técnico ou especialista na materia, preferentemente funcionario da corporación.

* Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

O funcionamento da comisión axustarase ó previsto na Lei de réxime xurídico e procedemento administrativo común, quedando facultada para resolve-las dúbidas que se presenten no procedemento de valoración.

Tódalas actuacións da comisión publicaranse no taboleiro de edictos do concello.

Unha vez efectuada a valoración dos méritos alegados polos aspirantes, a comisión elevará a súa proposta ó alcalde.

9. Nomeamento: rematado o proceso selectivo, a comisión de valoración elevará a proposta de nomeamento a favor do aspirante que teña mellor puntuación, procedendo a alcaldía a efectua-lo correspondente nomeamento.

Conforme o disposto na Lei de coordinación de policías locais da Comunidade Autónoma, o aspirante proposto será nomeado funcionario en prácticas e percibirá, con cargo ó concello, as retribucións que lle correspondan, de conformidade co establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro.

O devandito funcionario en prácticas ten a obriga de realiza-lo curso de capacitación que convoca a Academia Galega de Seguridade, no suposto de non supera-lo devandito curso de capacitación, o funcionario en prácticas perderá tódolos dereitos e non poderá ser nomeado para a praza de cabo que se convoca.

10. Toma de posesión: efectuado o nomeamento polo órgano competente, será publicado no DOG e no taboleiro de edictos do concello, debendo o aspirante tomar posesión no prazo de tres días hábiles seguintes a partir da referida publicación, trasladándose ó inmediato día hábil no caso de que coincidise en festivo.