Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2002 Páx. 3.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual número 18 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo, relativa ó trazado do primeiro cinto de circunvalación e acceso ó porto de Bouzas (expediente 5580/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 28 de xaneiro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestimar, polas razóns expostas na parte expositiva deste acordo, a alegación formulada pola mercantil Seromar, S.A., no período de exposición ó público do expediente, á modificación puntual nº 18 do vixente PXOU de Vigo, sobre as zonas afectadas polo trazado do primeiro cinto de circunvalación, comprendidas entre a avda. de Europa e a avda. Atlántida.

Segundo.-Aprobar definitivamente a modificación puntual nº 18 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo, nas zonas afectadas polo trazado do primeiro cinto de circunvalación, comprendidas entre a avda. de Europa e a avda. Atlántida (expediente 5580/411), conforme a documentación redactada polos servicios municipais de planeamento urbanístico, a memoria da cal ten data do 5 de outubro de 2000, e coa rectificación que se deriva do requirimento formulado polo conselleiro da CPTOPV, no seu informe preceptivo do 5 de novembro de 2001, consistente na ampliación da zona cualificada coa ordenanza 3.3 de zonas culturais e sociais de 2.232 m a 3.245 m, o que supón un incremento en 1.013 m de superficie respecto da cualificada con esta ordenanza no expediente aprobado inicialmente, e unha diminución

na mesma superficie da zona cualificada na memoria inicialmente aprobada como zona verde e libre.

Terceiro.-Procédase á publicación deste acordo de aprobación definitiva no DOG e no BOP, de acordo co artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, así como ás comunicacións e traslados previstos no punto 3º do devandito artigo.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, este anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou intentada esta, se non puidese practicar.

Vigo, 8 de febreiro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo