Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2002 Páx. 3.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle en Ramón Nieto, 177 (expediente 7160/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 1 de marzo de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes no ámbito da parcela situada na rúa Ramón Nieto, 177 (expediente 7160/411) presentado pola entidade Avenida de Vigo, S.L., redactado polos arquitectos José Luis Pereiro Alonso e Borja Ramilo Méndez, e visado polo COAG con data do 2 e 9 de xaneiro de 2002.

Segundo.-Somete-lo expediente ó trámite de información pública durante o período dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, segundo o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Terceiro.-Proceder á notificación individual do presente acordo a tódolos interesados afectados por este ámbito de actuación ó abeiro do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados, direc

tamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 12 de marzo de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo