Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2002 Páx. 3.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía, do 11 de febreiro de 2002, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán no concurso, por procedemento aberto, das obras de estabilización do noiro na Cruz da Sangriña (reparación da estrada que rodea o campo de fútbol), o cal se expón ó público xunto co proxecto polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen alegacións contra o prego de condicións ou o proxecto.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Pleno do Concello da Guarda.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: estabilización do noiro na Cruz da Sangriña (reparación da estrada que rodea o campo de fútbol).

3. Tramitación, procedemento e forma.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: concurso en procedemento aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento base: 138.232,78 euros.

Criterios de selección para a adxudicación da obra: base décimo quinta do prego.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: rexistro xeral do Concello da Guarda.

Domicilio: Praza do Reló.

Data límite para solicitar información: 26 días contados desde a súa publicación no DOG.

7. Presentación de ofertas.

Prazo: 26 días contados desde a súa publicación no DOG.

Documentación: cláusula 14ª do prego.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello da Guarda.

8. Apertura de ofertas.

Entidade, domicilio e localidade: Concello da Guarda. Praza do Reló.

Data e hora: ás doce horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas, na sala de plenos do concello.

Gastos de anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

Na Guarda, 12 de febreiro de 2002.

José Luis Alonso Riego

Alcalde