Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2002 Páx. 3.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPG-2/2002).

O Pleno do concello, en sesión realizada o 11 de marzo de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro: aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM relativa á variación das condicións para a edificación e urbanización exterior do APE-H3.02 Orillamar para a construcción do centro de saúde de Monte Alto.

Segundo: ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na Oficina de Planeamento, do Servicio Municipal de Urbanismo, sito na avenida da Mariña, número 18; en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

A Coruña, 13 de marzo de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo