Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2002 Páx. 3.739

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (898/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 898/2001, seguidos por instancia de María José Veiga Blanco, contra Exclusivas Rodríguez Carro, S.L. e outra sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 14-2-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por María José Veiga Blanco, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Comdexga, S.L. a que á súa elección, que debe efectuar no prazo de cinco días, a readmita no seu posto e condicións de traballo ou a indemnice coa cantidade de 10.083,39 euros, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentencia, e que ata a data ascenden á cantidade de 2.668,43 euros.

Absolve da demanda a empresa Exclusivas Rodríguez Carro, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 898-2001, do Banco Bilbao Vizcaya desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe de 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírtese á parte demandada de que, se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá

aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ningunha compensación por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Exclusivas Rodríguez Carro, S.L. e Condexga, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 15 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA