Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2002 Páx. 3.738

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación de sentencia (329/2001).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, Sección Segunda, certifico que ante esta Sección Segunda se segue a peza de apelación nº 329/2001, na que se dictou sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

A Audiencia Provincial de Ourense, Sección Segunda, constituída por Abel Carvajales Santa-Eufemia, presidente, e os maxistrados Fernando Alañón Olmedo e Juan Manuel de los Ríos Sánchez, en substitución por desfrute da titular de licencia por enfermidade, pronunciou a seguinte sentencia:

«En Ourense o trinta e un de xaneiro de dous mil dous.

Vistos, en grao de apelación, por esta Sección Segunda da Audiencia Provincial, actuando como tribunal civil, os autos de xuízo executivo, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Ourense, seguidos co número 110/2000, peza de apelación nº 329/2001, nos que aparece, como parte apelante, José Angel Covela Rodríguez, representado polo procurador dos tribunais Francisco Pérez Saa e asistido polo letrado José Feijoo Fernández e, como apelado, José Luis Vázquez Novelle, a entidade Arrendamientos y Planificaciones de Obra del Noroeste, S.L., representados pola procuradora Rosario Outeiriño Míguez e asistidos polo letrado Fernando Otero Marquina, a entidade Banco Español de Crédito, S.A., representado polo procurador dos tribunais Andrés Tabarés Pérez-Piñeiro e asistido polo letrado Rafael Tabarés Pérez-Piñeiro e a entidade Norcon Construcciones del Noroeste, S.L., en situación procesual de rebeldía. É maxistrado-relator Fernando Alañón Olmedo.

Decisión:

Desestímase o recurso de apelación interposto polo procurador dos tribunais Francisco Pérez Saa, en nome e representación de José Ángel Covela Rodríguez, contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Ourense, en autos de xuízo executivo nº 110/2000, peza de apelación nº 329/2001, do 23 de xaneiro de 2001, que se confirma, con imposición das custas de alzada á apelante.

Ó notificar esta resolución ás partes, fáganse as indicacións ás que se refire o artigo 248.4º da LOPX.

Así, por esta nosa sentencia, da que, en unión dos autos orixinais, se remitirá certificación ó xul

gado de procedencia, para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Abel Carvajales Santa-Eufemia, Fernando Alañón Olmedo, Juan Manuel de los Ríos Sánchez. Rubricado».

Concorda fielmente co orixinal ó que me remito e para que así conste e sirva de notificación á entidade apelada-non comparecida Norcon Construcciones del Noroeste, S.L., en situación procesual de rebeldía e ausente en paradoiro ignorado, expido e asino a presente cédula en Ourense o trinta e un de xaneiro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado