Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2002 Páx. 3.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2002, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada PO/VP-2408, treito: Portodemouros-Vila de Cruces, clave: N/PO/90.1, termo municipal de Vila de Cruces.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece, no seu punto 2º, a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 18 de novembro de 1998, procédese á aprobación do proxecto de trazado das obras: acondicionamento da estrada PO/VP-2408, treito: Portodemouros-Vila de Cruces, clave: N/PO/90.1, termo municipal de Vila de Cruces, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 4 de outubro de 2001, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e á urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas

obras polo Decreto 280/2001, publicado no DOG nº 211, do 31 de outubro de 2001.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para procederen ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Vila de Cruces.

Día: 15 de abril de 2002.

Horario: 10 a 14 horas.

De: o predio nº 001 ó predio nº 080.

Día: 16 de abril de 2002.

Horario: 10 a 14 horas.

De: o predio nº 081 ó predio nº 160.

Día: 17 de abril de 2002.

Horario: 10 a 14 horas.

De: o predio nº 161 ó predio nº 240.

Día: 18 de abril de 2002.

Horario: 10 a 14 horas.

De: o predio nº 241 ó predio nº 320.

Día: 19 de abril de 2002.

Horario: 10 a 14 horas.

De: o predio nº 321 ó predio nº 400.

Día: 22 de abril de 2002.

Horario: 10 a 14 horas.

De: o predio nº 401 ó predio nº 480.

Día: 23 de abril de 2002.

Horario: 10 a 14 horas.

De: o predio nº 481 ó predio nº 560.

Día: 24 de abril de 2002.

Horario: 10 a 14 horas.

De: o predio nº 561 ó predio nº 640.

Día: 25 de abril de 2002.

Horario: 10 a 14 horas.

De: o predio nº 641 ó predio nº 720.

Día: 26 de abril de 2002.

Horario: 10 a 14 horas.

De: o predio nº 721 ó último predio.

A relación de titulares dos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no Concello de Vila de Cruces e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Pontevedra, na rúa Said Armesto nº 1, 36001 Pontevedra.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, ache

gando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo acompañalos, pola súa conta, se o consideran oportuno, os seus peritos e notario.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Pontevedra, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 12 de marzo de 2002.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial de Estradas

de Pontevedra