Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2002 Páx. 3.351

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do acordo regulador das condicións de emprego do persoal funcionario do Concello de Caldas de Reis.

Visto o texto da modificación do acordo regulador das condicións de emprego do persoal funcionario do Concello de Caldas de Reis, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 29-1-2002, subscrito pola comisión negociadora do convenio, en data 28-9-2001, aprobado polo Pleno do concello, que tivo lugar o día 28-9-2001, e de conformidade co disposto no artigo 36 (na súa nova redacción dada pola Lei 7/1990, do 19 de xullo) da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Admiti-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 5 de febreiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Modificación do acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario ó servicio do Concello de Caldas de Reis.

Por acordo, adoptado en sesión ordinaria do 28 de setembro de 2001, polo Pleno do concello, modificouse o acordo regulador das condicións de traballo dos funcionarios ó servicio do concello nos artigos que se sinalan, que quedan redactados por todo iso da seguinte maneira:

-No páragrafo segundo da exposición de motivos «...condicións de emprego do persoal funcionario ó servicio do Concello de Caldas de Reis».

-No artigo 3º.1: «O convenio entrará en vigor unha vez que se publique o seu texto íntegro no BOP e transcorra o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2º da Lei 785, do 2 de abril, abarcando o seu período de vixencia tres anos (2001, 2002 e 2003), período que non obstante se entenderá prorrogado por anualidades de non existir denuncia das partes ata a entrada en vigor do novo convenio, que substitúa o anterior trala oportuna negociación».

-No artigo 14º.2. «A mesa de negociación estará constituída e formada por unha representación das organizacións máis representativas a nivel estatal e autonómico, así como os sindicatos que obtiveran o 10% ou máis dos representantes nas eleccións para delegados e xuntas de persoal».

-No artigo 21º.4: «Xornada de verán: durante o período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro (ámbolos dous inclusive), quedará esta

blecido o horario de verán; durante este tempo adiantarase a hora de saída do persoal ás 14 horas. Nos servicios nos que non sexa posible reduci-lo horario, estableceranse fórmulas de compensación. A reducción de xornada durante o período estival sinalada recuperarase, en cómputo anual, na forma que estableza o correspondente calendario laboral».

-No artigo 21º engádese un novo punto (o 7º): «Tódolos traballadores que, ó estaren desfrutando do seu día de descanso, sexan convocados a asistir a declarar ó xulgado polos motivos relacionados coas súas funcións, substituirán este día por outro día de descanso».

-No artigo 24º.5: «De 1 día hábil por traslado de domicilio sen cambio de residencia».

-No artigo 24º.6: parágrafo 1º: «Permiso por concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude e avaliación en centros oficiais concederase durante os días da súa realización».

-No artigo 25º.2 a): «O período de licencia por maternidade será de dezaseis semanas, que se poderán utilizar con carácter pre ou pos-parto, segundo a conveniencia da interesada. Si se produce parto múltiple, a licencia alongarase ata dezaoito semanas.

No caso de que a nai e o pai traballen, aquela poderá optar por que o pai desfrute dunha parte determinada do período de descanso posterior ó parto».

-No artigo 55º.4: «En todo caso garántese a audiencia do interesado e a presentación pola súa parte das alegacións que estime oportunas ó longo do procedemento».

-No artigo 69º: «O Concello de Caldas de Reis, que asume este convenio, recoñece e aplicará a Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de libertade sindical (LOLS), modificada pola Lei orgánica 14/1994, do 19 de maio, así como o establecido no Estatuto dos traballadores respectivamente, en todo o referido a este, e a Lei 9/1987, do 12 de maio, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación».

-No artigo 70º.1 d): «Dispoñer de 15 horas mensuais das correspondentes á súa xornada de traballo, sen diminución das súas retribucións, para o exercicio das súas funcións de representación».

-O artigo 70º.1 e) queda eliminado, polo que o artigo 70º.1 f) pasa a se-lo 70.1 e).

-No artigo 72º.1 e): «Convocar reunións de persoal ou asembleas de traballadores fóra das horas do traballo, salvo acordo entre o órgano competente en materia de persoal e aqueles que estean lexitimados para convoca-las reunións».

-No artigo 73º.1: «Formúlase cunha antelación mínima de dous días hábiles».

-No artigo 73º.4: «Se antes das 24 horas anteriores á data da realización da reunión, a autoridade administrativa competente non formulase obxección a esta mediante reducción motivada, poderá realizarse sen outro requisito posterior».

-No artigo 73º.5: «A convocatoria das reunións e asembleas deberá referirse á totalidade do colectivo de que se trate, salvo as reunións coas seccións sindicais».

-No anexo económico: «As subidas previstas para os anos 2002 e 2003 nos complementos de destino e os específicos dos funcionarios produciranse sempre que as previsións das leis xerais do orzamento dos citados anos o permitan».

-Na cláusula adicional primeira: «Este convenio entrará en vigor en tódalas súas cláusulas, epígrafes e articulado, unha vez que sexa publicado no BOP e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, con efectos retroactivos, desde o día 1 de xaneiro de 2001».

Caldas de Reis, 28 de setembro de 2001. Os membros da comisión negociadora.