Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2002 Páx. 3.352

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2002 pola que se fai público o acordo plenario do día 1 de marzo de 2002 polo que se establece o número, distribución de asuntos e composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia para o ano 2002.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 287/1996, do 12 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, esta presidencia

RESOLVE:

Facer público o acordo plenario do 1 de marzo de 2002, do Consello Consultivo de Galicia, polo que se establecen o número, distribución de asuntos e composición das seccións do devandito consello para 2002, do teor literal seguinte:

«Segundo o disposto nos artigos 15 e 16 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, de creación do Consello Consultivo de Galicia, e nos artigos 16 e 18 do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 287/1996, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, na súa reunión do día 1 de marzo de 2002,

ACORDA:

1. Establece-lo número e composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia para o ano 2002 da forma seguinte:

Sección primeira:

Presidente: José Antonio García Caridad.

Vocais:

José Luis de la Torre Nieto.

Antonio Carro Fernández-Valmayor.

Pablo Moure Mariño.

Sección segunda:

Presidente: José Mª Gómez y Díaz-Castroverde.

Vocais:

Antonio Carro Fernández-Valmayor.

José Luis de la Torre Nieto.

2. Adistribución de asuntos entre elas efectuarase por quenda alternativa segundo a orde de entrada da solicitude de dictames.

3. Que, de acordo co parágrafo segundo do citado artigo 18, se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia».

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2002.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA