Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2002 Páx. 3.353

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 27 de febreiro de 2002 pola que se modifica a do 10 de decembro de 2001 pola que se nomean os membros dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o acceso ás categorías correspondentes ós grupos I, III, IV e V, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 10 de decembro de 2001 (DOG nº 247, do 25 de decembro) nomeáronse os membros dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o acceso ás categorías correspondentes ós grupos I, III, IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido na base III.3 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto) pola que se convocou o proceso selectivo para o acceso ás distintas categorías correspondentes ó grupos I, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, Luz Can Cuenca, vocal titular designada polos representantes dos traballadores do tribunal I-B, renunciou ó seu nomeamento.

De acordo co anterior, e dando cumprimento á base III.4 da citada Orde do 30 de xullo de 2001,

DISPOÑO:

Nomear vocal titular designado polos representantes dos traballadores do tribunal I-B a Juan Miguel Antelo en substitución de Luz Can Cuenca e nomear vocal suplente designado polos representantes dos traballadores do tribunal I-B a José Luis Marcos Luaña en substitución de Juan Miguel Antelo, por pasar este a ser vocal titular do tribunal I-B.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública