Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2002 Páx. 3.353

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ás categorías 6 (educador) e 17 (asistente social), correspondentes ó grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 7 de marzo de 2002, o tribunal II-B designado pola Orde do 15 de xaneiro de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ás categorías 6 (educador) e 17 (asistente social), correspondentes ó grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 6 de abril de 2002, no Pazo de Congresos e Exposicións situado en San Lázaro en Santiago de Compostela, en chamamento único.

Para a categoría II-6 (educador), a realización do exercicio comezará ás 11 horas, abríndose as portas do lugar de acceso para a súa realización ás 10.15 horas.

Para a categoría II-17 (asistente social) a realización do exercicio comezará ás 17 horas, abríndose as portas do lugar de acceso para a súa realización ás 16.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2002.

Loreto Díaz Sánchez

Presidenta do tribunal