Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2002 Páx. 3.350

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do calendario laboral do convenio colectivo de rematantes e serradoiros de madeira para 2002.

Visto o expediente do calendario laboral do convenio colectivo de rematantes e serradoiros de madeira para 2002, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 22-1-2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación

Provincial de Rematantes y Aserradores de Madera (Apralco), e da parte social polas centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG o día 13-12-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2002.

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)

Ana María Lado Eiriz

Secretaria provincial da Coruña

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo provincial da Coruña de rematantes e serradoiros.

Asistentes:

-Parte empresarial Apralco:

Benito García Sánchez.

Manuel Piñeiro Esperante.

Ramón Romero Quintáns.

-Parte sindical:

UGT:

Juan Carlos Tubío Redondo.

CC.OO.:

Aurora Iglesias Couselo.

CIG:

Vicente Moreira Sobrido.

Na cidade de Santiago de Compostela, ás dezaoito horas do día trece de decembro de dous mil, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo provincial de rematentes e serradoiros de madeira para, dando cumprimento ó pactado no artigo 18 do devandito convenio, confecciona-lo calendario laboral que rexerá desde o 1 de xaneiro do ano 2002 ata o 31 de decembro do mesmo ano.

Ámbalas partes proceden á confección do citado calendario. O texto figura anexo á presente acta.

E sen máis asuntos dos que tratar, levántase a sesión, sendo as dezanove horas da data enriba sinalada, asinando a conformidade a totalidade dos asistentes.