Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2002 Páx. 3.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2002 pola que se declara extinguido o título habilitante para a explotación dun establecemento auxiliar de cultivos mariños en Boiro (A Coruña).

Visto o expediente de caducidade iniciado a Boiromar, S.A. (CIF A15023609), na condición de titular dunha estación depuradora, situada en Boiro (A Coruña).

a) Feitos.

Primeiro.-Con data do 22-7-1999 funcionarios da consellería realizaron unha inspección ós locais da estación depuradora titularidade de Boiromar, S.A. Na acta desa inspección faise constar que o persoal presente neses locais comunicou que os bens da mencionada empresa, incluída esa estación depuradora, foran adquiridos por Innovaciones Sirova, S.L.

Segundo.-Con data do 26-7-1999 a Delegación Territorial da Consellería Pesca, Marisqueo e Acuicultura (na actualidade Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos) na Coruña remitiu un oficio a Innovaciones Sirova, S.L. no que lle comunicaba os trámites necesarios no caso de que quixeran continuar coa explotación da estación depuradora ou ben, no caso contrario, que renunciara á concesión.

Terceiro.-Con data do 24-8-1999 José Ramón López Piñón, como administrador de Innovaciones Sirova, S.L., presenta un escrito no que comunica que renuncia á concesión administrativa para a explotación da estación depuradora.

Cuarto.-Con data do 21-10-1999, a delegada territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (na actualidade Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos) na Coruña remite unha proposta na que se detallan os feitos referidos e na que propón que se declare a caducidade do establecemento en cuestión.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Segundo.-Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas.

Terceiro.-Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas.

Cuarto.-Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre.

Quinto.-Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Considerando que o expediente se tramitou de conformidade coa lexislación vixente.

Considerando que con data do 30 de xaneiro de 2002 o Servicio Técnico-Xurídico informouno favorablemente.

Esta consellería, no exercicio das súas atribucións e competencias,

RESOLVE:

Extingui-lo título habilitante do establecemento auxiliar de cultivos mariños que a continuación se relaciona:

-Tipo: estación depuradora.

-Nome: Boiromar, S.A. (CIF A15023609).

-Especies: moluscos.

-Situación: Punta do Chazo-Abanqueiro (Boiro).

-Título habilitante: permiso de actividade e concesión.

-Data outorgamento: Orde do 15-7-1970 (BOE do 28 de xullo).

-Vixencia: 28-7-1990.

A causa pola que se resolve a extinción é a seguinte:

Renuncia expresa dos actuais propietarios do establecemento (art. 72 b) da Lei 6/1993, de pesca de Galicia).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa, ámbolos prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo

46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos