Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2002 Páx. 3.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2002 pola que se lle outorga a Rodil Lozano, S.L. permiso de actividade para a posta en funcionamento dun centro regulador de crustáceos nun local de elaboración e venda de peixe, sito en Beiramar, 23-baixo, Burela (Lugo).

Examinado o expediente iniciado por instancia de José Ramón Rodil Rodríguez (DNI nº 77594651B), no que solicita permiso de actividade para a posta en funcionamento dun centro regulador de crustáceos nas instalacións dun local de elaboración e venda de peixe, sito en Beiramar, 23-baixo, Burela (Lugo).

Tendo en conta que o expediente se tramitou conforme dereito.

Tendo en conta que no Decreto 286/1996, do 4 de xullo, polo que se crea a figura do centro regulador de crustáceos como novo tipo de establecemento auxiliar de acuicultura, no seu artigo 1º se recolle que o devandito centro regulador dependerá do establecemento matriz, formando parte do mesmo local aínda que separado fisicamente na súa totalidade da zona de atención ó público.

Tendo en conta os informes que constan no expediente, así como a proposta favorable da Delegación Territorial de Lugo de data 8 de novembro de 2001, esta consellería

RESOLVE:

Outorgar a Rodil Lozano, S.L., con CIF nº B27137942, permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do establecemento que se indica a continuación:

-Establecemento auxiliar de acuicultura: centro regulador de crustáceos.

-Situación: local de elaboración e venda de peixe, sito en Beiramar, 23-baixo, Burela (Lugo).

-Especies: lumbrigante (Homarus gammarus); lagosta (Palinurus elephas); nécora (Necora puber); centola (Maja squinado); boi (Cancer pagurus).

-Dominio público: non ocupa.

-Dominio privado: 141,43 m.

-Superficie de estabulación: 4 piscinas superiores e 4 piscinas inferiores que fan un total de 3,80 m.

O permiso de actividade outórgase baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Terá unha vixencia de dez anos, que se contarán a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; poderá ser prorrogado discrecionalmente por petición do interesado. Esta petición deberá presentarse nos sesenta (60) días anteriores á fin da vixencia, por prazos iguais doutros dez anos.

Segunda.-O emprazamento e as obras de instalación do establecemento axustaranse ós planos e ó proxecto presentados. O titular do permiso de actividade deberá dar comezo ás obras nun prazo de (6) meses, que se contarán desde a publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, e quedarán finalizadas no prazo dun (1) ano.

Finalizadas as obras, o titular comunicaralle este feito á Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, para os efectos de practica-la inspección destas, das que se emitirá o correspondente informe.

Terceira.-O establecemento cumprirá o disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 286/1996, do 4 de xullo, polo que se crea a figura do centro regulador de crustáceos como novo tipo de establecemento auxiliar de acuicultura, na Orde do 16 de outubro de 1996, sobre centros reguladores de crustáceos, así como a demais normativa vixente aplicable a este tipo de establecementos.

Cuarta.-O titular contrae a obriga de manter en bo estado as instalacións; estas non poderán alugarse nin ser destinadas a usos distintos dos propios deste tipo de establecementos. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta.-O permiso de actividade ó que se refire esta resolución extinguirase nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993 e no artigo 6 do Decreto 193/1997 sinalados.

Sexta.-O outorgamento do permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias ou outras autorizacións legalmente procedentes, esixibles por outros organismos en función das súas competencias.

Sétima.-O interesado xustificará o aboamento á Facenda pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito a tal impos

to, feita pola delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contecioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos