Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2001, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se fai pública a clasificación do monte integrado por catro predios coa denominación A Pedriza; Outeiro da Praza da Veiga; A Touza e A Saínza; A Veiga, nos concellos de Xinzo de Limia e Trasmiras (Ourense), a favor dos veciños do lugar de Pidre, en Xinzo de Limia.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o vinte de novembro de dous mil un, adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común integrado por catro predios coa denominación A Pedriza; Outeiro da Praza da Veiga; A Touza e A Saínza; A Veiga dos concellos de Xinzo de Limia e Trasmiras (Ourense), por solicitude dos veciños do lugar de Pidre en Xinzo de Limia.

Resultando que, con data 9 de novembro de 1998, tivo entrada no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Ourense, escrito dirixido ó Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños do lugar de Pidre do Concello de Xinzo de Limia (Ourense), solicitando que se declare o monte A Pedriza; Outeiro da Praza da Veiga; A Touza e A Saínza; e A Veiga como veciñal en man común.

Resultando que o xurado provincial, en sesión celebrada en data 2 de xuño de 1999, acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte designando instructores Miguel Ángel González Trigás e Míriam Areal López, que aceptaron tal cargo, expedíndose mandamento para a anotación preventiva nos rexistros da propiedade de Xinzo de Limia e Trasmiras, e remitíndose comunicacións dirixidas ós veciños do lugar de Pidre, ó presidente da Deputación Provincial de Ourense, ós alcaldes dos concellos de Xinzo de Limia e Trasmiras, á delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, á Xerencia Territorial do Catastro, e ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais,

e á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria: Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios dos concellos de Xinzo de Limia e Trasmiras , durante o prazo dun mes segundo consta en dilixencia anotada ó dorso do edicto polo secretario dos citados concellos, para que, durante o prazo sinalado en edictos, os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, e non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente se practicou nos rexistros da propiedade de Xinzo de Limia e Trasmiras, como seguen respectivamente:

Anotación preventiva letra A, dos montes denominados A Pedriza, rexistral 26.627, no folio 48, do tomo 711, libro 177 de Xinzo de Limia; Outeiro da Praza da Veiga, rexistral 26.628, no folio 49 do mesmo tomo e libro; A Touza e A Saínza, rexistral 26.629, no folio 50, do tomo indicado; e A Veiga, rexistral 9.165, no folio 164 do tomo 701, libro 71 de Trasmiras.

Resultando que na tramitación do expediente se cumpriron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1. Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades municipais;

2. Que, polo tanto, o número de titulares é variable e indeterminado;

3. Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño, en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano;

4. Que o patrimonio e a participación é inalienable, imprescritible e inembargable; e

5. Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio communi dividundo.

Considerando que segundo informacións e testemuños resulta que os montes citados son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermánica polos veciños do lugar de Pidre, no concello de Xinzo de Limia.

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que das informacións recollidas resulta que os veciños do lugar de Pidre, están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que segundo o teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do xurado, por instancia dos veciños de Pidre, para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Visto o Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros:

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica-lo monte integrado por catro predios individuais coa denominación da Pedriza; Outeiro da Praza da Veiga; A Touza e A Saínza; e A Veiga, nos concellos de Xinzo de Limia e Trasmiras (Ourense), de 70 ha aproximadamente en conxunto de superficie, a favor dos veciños do lugar de Pidre no concello de Xinzo de Limia, e cos datos que a seguir se relacionan, coma veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Os datos do citado monte son:

Concello: Xinzo de Limia e Trasmiras (Ourense).

Denominación do monte integrado por catro leiras individuais: A Pedriza; Outeiro da Praza da Veiga; A Touza e A Saínza; e A Veiga.

Comunidade propietaria: veciños de Pidre (Xinzo de Limia).

Superficie: 70 ha, aproximadamente en conxunto.

-Monte A Pedriza sito no concello de Xinzo de Limia.

Superficie: 21 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Víctor Casas Pérez, Manuel López López e Aurelia Blanco Vila.

Sur: comunal de Solbeira.

Leste: núcleo urbano do pobo de Pidre.

Oeste: Víctor Casas Pérez, Sara Fariñas Casas, Manuel Gómez Blanco, José Dobaño Rodríguez.

-Monte Outeiro da Praza da Veiga sito no concello de Xinzo de Limia.

Superficie: 10 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Manuel Martínez Fariñas.

Sur: camiño dos muíños.

Leste: Manuel Gómez Blanco.

Oeste: Víctor Casas Pérez, Manuel López López.

-Monte Touza e A Saínza sito no concello de Xinzo de Limia.

Superficie: 20 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: José Ferreiro Ojandro, Martín López Casas, Carmen López Casas, Manuel Gómez Blanco, Manuel Ramos Díaz.

Sur: Manuel López López, Manuel Martínez Dacuña, Corona García Rodríguez, Luis Martínez Fariñas, Mª José Nieto Vences, José Casas Castilla e pista a Alboredo.

Leste: pista A Veiga, camiño de Praza da Veiga.

Oeste: Víctor Casas Pérez, pista A Veiga, pista Paredes, Manuel Menéndez Martínez, Domingos Rodríguez Ribero.

-Monte A Veiga sito no concello de Trasmiras.

Superficie: 19 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: río Limia e Manuel López López.

Sur: pista de Abavides.

Leste: Emilio López Fariñas.

Oeste: pista de Abavides.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíquese esta resolución ós alcaldes-presidentes dos concellos de Xinzo de Limia e Trasmiras, ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin a vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 20 de novembro de 2001.

Míriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense