Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-190/2001, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente, e de non efectualo voluntariamente dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto), e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro de 1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 9 de xaneiro de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provinical de Lugo

ANEXO

Expediente: P-190/2001.

Denunciado: José Luis Souto Fernández.

DNI: 34907242.

Enderezo: r/ Pena Corneira, nº 3-2º C. Ourense.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial, nun tramo vedado (desembocadura do río Lama no encoro de Belesar), sen estar en posesión da preceptiva licencia de pesca en vigor, feitos constatados o día 29-8-2001, ás 20.45 horas en Pedrafita-Chantada-Lugo.

Precepto sancionador: 34.1º, 34.6º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: menos grave.

Sanción: 450,76 euros.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período de un ano.