Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de residuos CO-R-0436.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos (BOE nº 96, do 22 de abril), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas

e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-118/1 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado, que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 1 de febreiro de 2002.

Higinio José Sánchez-Rodilla Fuentes

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-R-0436

Denunciado: Rafael Gómez Portas.

CIF: 32543576-W.

Último domicilio coñecido: Monasterio de Monfero, 53, baixo, Ferrol (A Coruña).

Feitos denunciados: realización de actividades de chatarrería carecendo de autorización. Aceptación de residuos en condicións diferentes ó estipulado na lei.

Tipificación: Lei estatal 10/1998 de residuos. Art. 34.4º c) en relación cos arts. 34.3º a) e 34.3º k).

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 300,51 euros de multa.