Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2001, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se fai pública a clasificación do monte denominado A Veiga e O Argovello, a favor dos veciños de Solbeira, no concello de Xinzo de Limia (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o vinte de novembro de dous mil un, adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común denominado A Veiga e O Argovello, por solicitude dos veciños de Solbeira, do concello de Xinzo de Limia (Ourense).

Resultando que con data 28 de abril de 1997 tivo entrada no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, escrito dirixido ó Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños de Solbeira, concello de Xinzo de Limia (Ourense), solicitando que se declare o monte A Veiga e O Argovello como veciñal en man común.

Resultando que o xurado provincial en sesión celebrada o día 30 de xuño de 1997 acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte, designando instructores a Manuel Bouzas Costa e Miguel Ángel González Trigás, que aceptaron tal cargo, expedíndose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia e remitíndose comunicacións dirixidas ós veciños do lugar de Solbeira, ó presidente da Deputación Provincial de Ourense, ó alcalde do Concello de Xinzo de Limia, á delegación provincial da Consellería de Política Terrritorial, Obras Públicas e Vivenda, á Xerencia Territorial do Catastro, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais e á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes: Ser

vicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Xinzo de Limia, durante o prazo dun mes segundo consta en dilixencia anotada ó dorso do edicto polo secretario do citado concello, para que durante o prazo sinalado en edictos os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que, solicitada a anotación preventiva de iniciación do expediente no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia, consta que se suspende a inscrición interesada polos defectos seguintes: non atoparse o terreo sobre o que se inició o expediente de declaración de monte veciñal en man común inscrito neste rexistro a favor de persoa ningunha, artigo 20.3º da Lei hipotecaria.

Resultando que na tramitación do expediente se cumpriron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1. Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades municipais;

2. Que polo tanto o número de titulares é variable e indeterminado;

3. Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño, en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano;

4. Que o patrimonio e a participación é inalterable, imprescritible e inembargable; e

5. Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio communi dividundo.

Considerando, que segundo informacións e testemuños, resulta que os montes citados son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermánica polos veciños de Solbeira, no concello de Xinzo de Limia.

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que, das informacións recollidas resulta que os veciños do lugar de Solbeira, están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que segundo o teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do xurado, por instancia dos veciños do lugar de Solbeira, para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Visto o Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica-lo monte denominado A Veiga e O Argovello, de 49 ha, 28 a, 5 ca, aproximadamente en conxunto, de superficie a favor dos veciños do lugar de Solbeira, no concello de Xinzo de Limia (Ourense), como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica e cos datos que a seguir se relacionan:

Concello: Xinzo de Limia (Ourense).

Monte denominado: Monte A Veiga e O Argovello.

Comunidade propietaria: veciños de Solbeira.

Superficie: 49 ha, 28 a, 5 ca, aproximadamente en conxunto.

-Monte A Veiga.

Superficie: 38 ha, 28 a, 5 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: pista e río Limia.

Sur: termo de Vilaseca.

Leste: canle e veiga de Piñeira Seca.

Oeste: pista e termo de Abavides.

-Monte O Argovello.

Superficie: 11 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: pista do Grelo.

Sur: pista de Poulas Vellas.

Leste: pista do Portocego.

Oeste: pista do Argovello.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíquese esta resolución ó alcalde-presidente do Concello de Xinzo de Limia , ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e artigos 8 e

46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 20 de novembro de 2001.

Míriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense