Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Pedregal Tremuzo. (Expediente 1/1999).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Gamesa Energía, S.A. con domicilio para efectos de notificacións en avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña), sobre autorización de instalacións do parque eólico denominado Pedregal Tremuzo; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por Resolución do 15 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, publicada no DOG do 25 de febreiro e no BOE do 24 de febreiro, someteuse a información pública a petición de autorización administrativa do parque eóli

co de Pedregal Tremuzo, non téndose presentado ningún proxecto en competencia.

Segundo.-O 24 de setembro de 1999, Luis Caamaño Martínez, en nome e representación de Gamesa Energía, S.A., solicitou a autorización administrativa, aprobación de proxecto de execución, recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Pedregal Tremuzo, de 30,36 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente, en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía

eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Terceiro.-O estudio de efectos ambientais correspondente ás instalacións electromecánicas do parque eólico someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia e Decreto 205/1995, do 6 de xullo, por Resolución do 28 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, publicada no DOG do 27 de outubro.

Cuarto.-O 30 de marzo de 2001, Gamesa Energía, S.A., presentou un anexo ó proxecto de execución do parque eólico de Pedregal Tremuzo no que se recolocan os aeroxeradores A-20 e A-21 co fin de cumprir co requirido no informe do 18 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Patrimonio. Así mesmo, elimínanse 10 posicións e cámbiase a máquina G-47, de 660 kW, pola G-52 de 850 kW, nas 36 posicións restantes.

Quinto.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, xa mencionado, Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia; e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, mediante acordo da Delegación Provincial de Industria da Coruña do 20 de xuño de 2001, publicado no DOG do 17 de xullo, no BOP da Coruña, do 17 de xullo, o diario La Voz de Galicia do 17 de xullo de 2001, e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Muros e A Serra de Outes.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Gerardo Antonio Romero Queiro, en calidade de presidente do Club de Caza e Pesca Os Labercos mani

festa que, se a autoridade autonómica interpretase de forma rigorosa o artigo 8 en consonancia co disposto no artigo 25, referidos a zonas de seguridade, ambos da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, produciríase unha mingua dos seus dereitos de aproveitamento cinexético.

2. Domingo Pais Lestón e cincuenta e seis veciños máis de Outes, opóñense á construcción do parque por estaren os terreos en proceso de concentración parcelaria. A relación de propietarios bens e dereitos non se corresponde coa situación actual.

3. Xosé Manuel Romero Rodríguez comunica que existe un erro na titularidade do predio 174.

4. Francisco Suárez Cambeiro oponse á declaración de utilidade pública e conseguinte urxente ocupación, que a empresa non intentou un acordo amigable. Así mesmo, alega cuestións relativas á valoración da afección, e propón unha solución de arrendamento.

5. Mª Encarnación Paz Riveiro manifesta a súa oposición á declaración de utilidade pública alegando que non se tramitou a prevalencia sobre a actividade forestal, non existe estudio de impacto ambiental e o solo non é susceptible de uso industrial. Manifesta non ter coñecemento do proxecto de execución. Solicita a expropiación total e que se teñan en conta tódolos prexuízos na valoración da afección.

6. Carmen Suárez Cambeiro solicita documentación complementaria para a identificación da afección á súa propiedade. Alega que as cargas non se reparten equitativamente entre os propietarios da zona e non van acompañadas dunha compensación suficiente.

7. Manuela Novío Otero oponse á expropiación por entender que a súa propiedade non é imprescindible para a instalación do parque e que non se dá o requisito de utilidade pública. Así mesmo, alega cuestións relativas á valoración da afección.

8. Manuel Paz Riveiro alega que non está xustificada a declaración de utilidade pública.

9. Mª Carmen Bouza Pais comunica un cambio de titularidade no predio 274.

Sexto.-O 10 de decembro de 2001, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipiosVértices

XY

Pedregal TremuzoMuros501.7304.744.000

A Serra de Outes502.2254.743.188

502.6004.743.310

504.0584.742.435

504.1884.740.620

504.2714.740.280

504.0004.740.000

503.6704.740.496

503.4924.741.877

503.1284.742.069

502.8704.742.777

502.1634.742.731

NomeMunicipiosVértices

XY

502.1684.742.070

501.8384.742.070

501.8224.742.885

501.5064.742.885

501.5064.743.481

Nº de aeroxeradores: 36.

Potencia unitaria por aeroxerador: 850 kW.

Xeradores: G52-850 de Gamesa Eólica.

Potencia total instalada: 30,6 MW.

Producción anual estimada: 90.209 MWh/ano.

Investimento previsto: 19.170.225,40 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-36 centros de transformación de 900 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados no interior da torre cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

-Rede eléctrica subterránea a 20 kV en conductor R.H.V. kAl-H16 12/20 kV de 240 mm.

-Subestación eléctrica con transformador de potencia nominal 50 MVA e relación de transformación 20/66 kV e transformador de servicios auxiliares de 50 kVA e relación de transformación 20/0,4 kV.

-Aparellaxe para telemando e telecontrol, protección e sinalización das instalacións a 66 e 20 kV da subestación.

Sétimo.-O 13 de febreiro de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración das afeccións, por non seren obxecto desta fase do expediente, correspondendo á fase de prezo xusto.

2. En canto ós posibles erros na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa tomará razón delas. Non obstante, será durante o levantamento de actas, acto ó que serán oportunamente convocados, o momento no que poden demostra-la titularidade dos predios, achegando a documentación acreditativa necesaria.

3. Non podemos acepta-las alegacións relativas á condición de instalación de utilidade pública e á necesidade de urxente ocupación, por estaren recoñecidas polos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico.

4. Non podemos acepta-la alegación formulada por Domingo Pais Lestón e cincuenta e seis veciños máis de Outes, por ser relativa á utilidade pública; esta será tida en conta cando se proceda á súa declaración. Non obstante, cabe dicir que o procedemento expropiatorio é independente da concentración parcelaria na que se encontran inmersas as parcelas afectadas; en todo caso, o primeiro iniciarase a partir da declaración de utilidade pública do parque, non sendo obxecto nesta fase do expediente.

5. A solicitude de expropiación total formulada por Mª Encarnación Paz Riveiro será tida en conta cando se proceda á declaración de utilidade pública da instalación.

Non ten lugar unha declaración de prevalencia, por non existir concorrencia de utilidades públicas, non consta a declaración de utilidade pública da citada plantación. O estudio de impacto ambiental foi sometido a información pública e formulouse a declaración de efectos ambientais do parque. O proxecto de execución estivo exposto na Delegación Provincial de Industria da Coruña.

Non podemos aceptar a alegación relativa á normativa urbanística por estarse tramitando o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do P.E. Pedregal Tremuzo, e esta será tida en conta no momento en que se resolva o citado trámite.

6. Non podemos acepta-las alegacións formuladas por Carmen Suárez Cambeiro e Manuela Novío Otero por seren relativas á utilidade pública; estas serán tidas en conta cando se proceda á súa declaración, e que a ocupación é a estrictamente necesaria para a execución do proxecto. Non obstante, cabe dicir que a empresa achegou a documentación preceptiva e puxo os medios necesarios para identifica-las afeccións das parcelas.

As alegacións ambientais foron remitidas ó órgano ambiental e contempladas na declaración de efectos ambientais do citado parque.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

* Autorizar a Gamesa Energía, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Pedregal Tremuzo, para unha potencia de 30,6 MW que se situará nos concellos de Muros e A Serra de Outes, na provincia da Coruña.

* Aproba-lo proxecto de execución da citada instalación.

* Recoñecer a esa instalación, a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Gamesa Energía, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 383.404,51 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, apartado 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 19.170.225,40 euros.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade. O inicio das obras queda condicionado ó informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental relativo ás máquinas, A-28-O, A-30, A-24, A-23-O (nova denominación), e á viabilidade das máquinas A-1-O, A-8-O, A-12-O (nova denominación) en relación co patrimonio cultural.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Gamesa Energía, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribi-la no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais de 13 de febreiro de 2002, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL