Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador AG-SA-1/2002-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoacción do expediente sancionador por infracción o Regulamento de epizootias, regulado no Decreto de 4-2-1955.

Que así mesmo, designo instructor do expediente a José Antonio de Soto Rodríguez e secretaria a Ana Belén López Díaz.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 58 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Concédeselle ó interesado un prazo de quince días para que poida examina-lo expediente así como formula-las alegacións que estime axeitadas, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, xa que de non efectua-las alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación poderá ser considerado como proposta de resolución.

Pontevedra, 4 de febreiro de 2002.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-1/2002-PO.

Denunciado: Francisco Javier Méndez Lorenzo.

Último enderezo coñecido: lugar de Eiravedra, 11, Meaño (Pontevedra).

Feito denunciado: falta de certificado de desinfección do vehículo.

Data do acordo de incoacción: 2-1-2002.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 52.2º do Decreto 4-2-1955, polo que se aproba o regulamento da Lei de epizootias do 20-12-1952.

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias, actualizado polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio.

Sancion: de 90,15 euros (15.000 pesetas).