Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación Lama I fracción 3ª número 5856, da provincia de Lugo e promovida por Pizarras Vega, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG número 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días hábiles, someterase o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación Lama I Fracción 3ª nº 5856, situada en terreos do concello do Incio, provincia de Lugo, e solicitado por Pizarras Vega, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Industria e Comercio e Medio Ambiente correspondentes, así como no Concello do Incio, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas