Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 1 de marzo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e estudio de impacto ambiental da instalación electromecánica que se cita. (Expediente IN661A 01/11).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285) do sector eléctrico e

no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 188), Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental (BOE nº 241) e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo (Diario Oficial de Galicia nº 136), polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e, o estudio de impacto ambiental e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Energías Ambientales, S.A.

Enderezo: r/ J. L. Bugallal Marchesi, 20, 1º esqda., 15008 A Coruña.

Denominación: parque eólico de Serra de Outes.

Concellos afectados: Mazaricos.

Potencia que se vai instalar: 44,8 MW.

Características técnicas:

-28 aeroxeradores de 1.600 kW de potencia nominal unitaria, montados sobre fuste tubular metálico de 70 m de altura estándar e rotores de 3 pas de 74 m de diámetro.

-28 transformadores, situados no interior dos fustes de 2.000 kVA e tensións de 0,69/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, realizada en conductor R.H.V. 12/20 kV de 1x400 mm, 1x240 mm e 1x150 mm, para interconexión dos aeroxeradores e estes coa subestación transformadora.

-Subestación transformadora intemperie equipada con transformador de potencia nominal 50/60 MVA e relación de transformación 20/66 kV, celas de media tensión 20 kV, transformador de servicios auxiliares de 100 kVA e relación 20/0,4 kV, aparellos de medida, protección, telemando e telecontrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de trinta días a partir da última publicación.

O estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Serra de Outes poderase examinar no Concello de Mazaricos e nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Medio Ambiente e de Industria e Comercio da Coruña, pódense presentar cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, dentro do prazo sinalado anteriormente.

A Coruña, 1 de marzo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña