Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 31 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/18-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento C. distribución Frigodís-r/ Jacinto Benavente 21.

Situación: concello de Vigo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un punto da L.M.T.S. BAL 726 entre o CD Puerta Prado e o C.T. Marqués de Valterra, ata o centro de distribución Frigodís que se proxecta na rúa Jacinto Benavente 21, no concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña. Centro de distribución situado na planta baixa de Frigodís.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra