Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 31 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/15-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. nº 2 na avda. Ramón Nieto nº 158.

Situación: concello de Vigo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 114 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. SDM 7.06 á altura do número 158 da avda. Ramón Nieto, alimentando en bucle

o C.T. que se proxecta denominado nº 2 na avda., Ramón Nieto nº 158, no concello de Vigo, de 630 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V, e rematando no punto de inicio da liña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra