Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 31 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/14-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de seccionamento polig-A Granxa, P-249-250.

Situación: concello do Porriño.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 402 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a galería do polígono entre os CC.TT. 6 e 7 ata o centro de seccionamento que se proxecta nas parcelas 249-250 do polígono A Granxa, no concello do Porriño. Centro de seccionamento con 3 liñas de manobra exterior.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra