Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 1 de febreiro de 2002, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00470-I-2001 e catro máis).

Por medio desta cédula, notifícanselles ós denunciados, cos datos e últimos domicilios coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de interpoñeren recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega,

conta restrinxida de recadación de multas e sancións nº 2091/0500/14/3110000079 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñeren recurso de alzada dentro do prazo e, de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

E para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, de domicilios descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, citada anteriormente, expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 1 de febreiro de 2002.

María Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00470-I-2001

PO-6026-AL

Axente Insp. 74

Antonio Martínez Pintos

Esqueiriños, 39

Pontevedra

Realizada inspección ó transporte de mercadorías perigosas por estrada, compróbase o seguinte: que o vehículo PO-6026-AL presenta a tarxeta de transportes, MDL nacional da titularidade de Antonio J. Martínez Pintos, válida ata febreiro de 2001. Servicio público.

17-4-2001; 10.00.07

Art. 199 b)

R.D 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

30,05 euros
PO-00804-O-2001

PO-5523-As

G.C. de Tráfico

Rosario Martínez Dasilva

Sta. Marta, Darbo 17

36940 Cangas (Pontevedra)

Realizar un transporte de mercadorías (papelería) carecendo de autorización de transporte. Servicio privado complementario 15-3-2001; 18.05; C-550; 122Art. 103 Lei 16/1987

Art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

150,25 euros
PO-01248-O-2001

PO-5068-AX

G.C. Tráfico

Decoraciones Iglesias, S.L.

Baixada Igrexa, 66

36209 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando material de pintura carecendo da tarxeta de transportes. Posúe distintivos de raio de acción MPC privado nacional. Servicio privado.

25-4-2001; 9.05; PO-325; 8,800

O.M. 25 outubro de 1990 (BOE 30), art. 103 da Lei 16/1987 e art. 158 do R.D. 1211/1990.Art. 143 Lei

16/1987, art. 201 R.D. 1211/1990, Art. 143 Lei 16/1987, art. 201 R.D. 1211/1990

300,5 euros
PO-01748-I-2001

PO-3821-AX

Autorizacións

José Fernando Serantes Prieto

Praza do Corgo, 7

36980 O Grove (Pontevedra)

Non realización do visado da autorización no prazo fixado pola Administración. (24-5-2001). Servicio privado.

30-5-2001

Art. 141 c) en relación co art. 142 m) da Lei 16/1987 e art. 199 n) do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

150,25 euros
PO-0017-S-2001

PO-6605-AP

Servicio Fiscal Patrulla Portos e Costas Marín

Pescaluamar, S.L.

Ourense, 18

36900 Marín (Pontevedra)

Realizar un transporte de 10 kg de peixe, rapante e peixe sapo, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado.

17-1-2001; 10; Vilaboa A9; peaxe A9

Art. 142 b) Lei 16/1987 e art. 199 b) do R.D. 1211/1990Art. Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

30,05 euros