Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.080

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Advertido erro no citado decreto, publicado no DOG nº 27, do 6 de febreiro de 2002, cómpre face-la seguinte corrección:

-Na páxina 1.387, no artigo 6º punto 2.1.2 onde di: «Servicio de Conservación da Biodiversidade, que se encargará da preservación dos hábitats naturais e dos taxons, así como das accións para a conservación e mellora das poboacións da fauna e flora silvestres, da elaboración de proxectos e informes técnicos para a protección e preservación da paisaxe, da xestión dos centros de recuperación da fauna silvestre e da aplicación da normativa da protección de animais domésticos e salvaxes en catividade», debe dicir: «Servicio de Conservación da Biodiversidade, que se encargará da preservación dos hábitats naturais e dos taxons, así como das accións para a conservación e mellora das poboacións da fauna e flora silvestres, da elaboración e xestión de programas, proxectos e os informes técnicos para a protección e preservación do medio natural e da paisaxe, da xestión dos centros de recuperación de fauna silvestre e da aplicación da normativa da protección de animais domésticos e salvaxes en

catividade».