Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.080

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2002 pola que se nomea secretario xeral do Consello Consultivo de Galicia a Juan José Gallego Fouz.

De conformidade co previsto no artigo 21.3º da Lei 9/1995 de creación deste consello e 32 do seu

Regulamento de organización e funcionamento, e a súa disposición adicional cuarta, e logo de acordo unánime do Pleno do Consello Consultivo do 1 de marzo de 2002,

RESOLVO:

Nomear a Juan José Gallego Fouz, secretario xeral deste órgano, con tódolos dereitos e obrigas propias do cargo, debendo procederse á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2002.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA