Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.081

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado, número 21/2002, interposto por Dolores Díaz Enríquez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela, providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado nº 21/02, interposto por Dolores Díaz Enríquez, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de decembro de 2001, pola que se inadmite o recurso de alzada contra o acordo do 8 de marzo de 2001 da comisión permanente de selección para postos de persoal laboral, polo que se desestima a súa reclamación relativa ás listas para a cobertura temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral correspondentes á categoría 1 (camareiro-/a-limpador/a e outros) do grupo V.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procemento e se

emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública