Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 2002 Páx. 3.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 13 de febreiro de 2002 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea Bea III.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Bea III e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito de data 5-7-2000, José Germán Fernández Triñanes solicitou autorización para transmisión da concesión da batea Bea III.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión intervivos, a favor de José Germán Fernández Triñanes (DNI 78780496E) e Mª del Pilar Blanco Torrado (DNI 52453084), 1/3 parte indivisa da concesión con carácter ganancial; Benigno Calo Romero (DNI 78780510J), 1/3 parte indivisa con carácter privativo e Manuel Mª Silva Triñanes (DNI 78780524G), 1/3 parte indivisa restante, con carácter privativo, da concesión administrativa da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Bea III.

Situación:

Cuadrícula nº: 88.

Polígono: B.

Distrito: Muros(A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 11-6-1972 (BOE nº 183).

Remate vixencia: 1-8-2004.

Actual titular: José Germán Fernández Triñanes (DNI 78780496E), María Triñanes Silva (DNI 76450357) e Amalia Romero Outeiral (DNI 33110016).

Novo titular: José Germán Fernández Triñanes (DNI 78780496E) e Mª del Mar Blanco Torrado (DNI 52453084), 1/3 parte indivisa da concesión con carácter ganancial; Benigno Calo Romero (DNI 78780510J), 1/3 parte indivisa con carácter privativo; e Manuel Mª Silva Triñanes (DNI 78780524G), 1/3 parte indivisa restante, con carácter privativo.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segundo.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen achega-la documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 13 de febreiro de 2002.

(P.D. 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña