Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 2002 Páx. 3.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca pola que se anuncia a contratación de servicios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: servicios para o deseño, montaxe e organización dos stands da Xunta de Galicia, Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en diversos certames feirais para celebrar no ano 2002.

División por lotes e número: lote nº 1: Expomar (Burela, do 16 ó 19 de maio), Salón Náutico Internacional (Vigo, do 23 ó 26 de maio) e Conxemar (Vigo, do 1 ó 3 de outubro); lote nº 2: Sial (París, Francia, do 20 ó 24 de outubro).

Prazo de execución: na súa totalidade estenderase desde o día seguinte ó da sinatura do contrato e ata os dous (2) días seguintes ó do remate do último certame; respecto de cada lote, estenderase desde o día seguinte ó da sinatura do correspondente contrato e ata os dous (2) días seguintes ó da finalización do correspondente certame (ver datas de celebración no punto anterior).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos corenta e catro mil trescentos sesenta e dous euros con corenta e cinco céntimos (244.362,45 A) coa seguinte distribución:

-Lote nº 1: 33.055,66 A.

-Lote nº 2: 211.306,79 A.

5. Garantías.

Provisional: esixirase unha garantía provisional equivalente ó 2% do orzamento de licitación de cada un dos lotes para os que se presente proposición.

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca (rúa do Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela; teléfono 981 54 62 87), ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Así mesmo, os pregos relativos a esta contratación poderán obterse no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación esixida para presentar proposición para cada un dos lotes:

Lote nº 1: non se esixe.

Lote nº 2: grupo III, subgrupos 3 ou 8, categoría C.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: as catorce (14) horas do día 25 de marzo de 2002.

Documentación a presentar: establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: si, de xeito que os licitadores poderán presentar, alternativamente e de xeito separado, proposición para a adxudicación dun ou os dous lotes.

9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, ás 10 horas do día 2 de abril de 2002.

10. Gastos do anuncio.

Correrán por conta do ou dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2002.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras e Mercados da Pesca

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS