Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 2002 Páx. 3.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución de modificación do aproveitamento hidroeléctrico no río Arnoia, Central de Peneda, termos municipais da Arnoia, Gomesende e Cartelle, provincia de Ourense.

Visto o escrito presentado por José Luis Zapata Pinar, en nome e representación da sociedade Unión Fenosa Generación, S.A., con DNI nº 51440250-Z e con domicilio para efectos de notificacións na rúa Capitán Haya, nº 53, 28020 Madrid, no que solicita autorización administrativa e aprobación do proxecto de modificación do aproveitamento hidroeléctrico no río Arnoia, Central de Peneda, nos termos municipais da Arnoia, Gomesende e Cartelle, provincia de Ourense, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 18 de novembro de 1991, a Confederación Hidrográfica del Norte resolve aprobar a favor de Unión Fenosa, S.A. a transferencia dun aproveitamento hidroeléctrico de 12.000 l/s de auga do río Arnoia, denominado Central de Peneda, no lugar denominado A Peneda, nos concellos da Arnoia e Gomesende.

Segundo.-Por Resolución do 7 de xullo de 1993, da Confederación Hidrográfica del Norte, autorizóuselle á empresa Unión Eléctrica Fenosa, S.A., a rehabilitación e modernización dun aproveitamento de 12.000 l/s de auga do río Arnoia, con destino á producción de enerxía eléctrica Central Peneda.

Terceiro.-A Dirección Xeral de Industria, por Resolución do 30 de setembro de 1993, publicada no DOG do 5 de novembro, concede a autorización administrativa e aproba o proxecto de execución das instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Peneda, sendo arrendataria a sociedade Hidroeléctrica del Giesta, S.L.

Cuarto.-A Confederación Hidrográfica del Norte, por Resolución do 31 de xullo de 1995, autorízalle a Unión Eléctrica Fenosa, S.A. as modificacións da maquinaria que se vai instalar na central de Peneda, no río Arnoia.

Quinto.-O 19 de setembro de 2000, José Luis Zapata Pinar, en nome e representación de Unión Fenosa Generación, S.A., solicitou a autorización administrativa e aprobación do proxecto de modificación da central hidroeléctrica de Peneda, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, abastecemento e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo.

Sexto.-O proxecto de ampliación da Central Hidroeléctrica de Peneda someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo,

xa mencionados, mediante resolución da Delegación Provincial de Industria de Ourense do 13 de outubro de 2000, publicada no BOP de Ourense do 31 de outubro e no DOG do 7 de novembro de 2000.

Durante o período de información pública recibíronse alegacións, as cales non afectaban ás instalacións electromecánicas.

Sétimo.-Por resolución ministerial da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico, do 14 de febreiro de 2002, outorgouse a favor de Unión Fenosa Generación, S.A. unha ampliación de concesión para aproveitar 35.000 l/s de auga do río Arnoia, nos termos municipais da Arnoia, Gomesende e Cartelle, provincia de Ourense, con destino á producción de enerxía eléctrica.

Oitavo.-As instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica do río Arnoia, Central de Peneda, segundo o seu proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial Fernando Iglesias Navarro e visado polo Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia co número 498/2000, teñen as seguintes características:

-Galería de presión de 425 m de lonxitude, 12,29 m de sección y 8,25% de pendente.

-Caudal máximo derivado: 35.000 l/s.

-Salto bruto: 36,26 m.

-Salto neto: 34,5 m.

-Dúas turbinas tipo «Kaplan» de eixe vertical de 750 e 428,57 r.p.m., e de 7.500 e 27.500 l/s respectivamente.

-Dous xeradores síncronos de 2.400 e 7.600 kVA de potencia, 50 Hz de frecuencia e tensión de xeración de 0,6 kV.

-Un transformador de potencia de 13,5 MVA e relación de transformación 0,6/20 kV.

-Instalacións de protección, manobra, mando, sinalización, medida e interconexión coa liña eléctrica da empresa distribuidora.

Noveno.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense emitiu informe favorable, propoñendo a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizar administrativamente o aproveitamento hidroeléctrico do río Arnoia, Central de Peneda, que

afecta ós termos municipais da Arnoia, Gomesende e Cartelle, provincia de Ourense.

-Aproba-lo proxecto de execución das instalacións electromecánicas da citada central hidroeléctrica.

Queda obrigada a empresa titular da instalación a notifica-lo comezo e remate das obras para a súa inspección e posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto esta resolución, despois do oportuno expediente, no momento en que observe incumprimento dos regulamentos, condicionantes técnicos e de seguridade e das medidas correctoras establecidas polos organismos e entidades que constan no expediente deste aproveitamento hidroeléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas