Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 2002 Páx. 3.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto parque eólico de Serra de Meira. (Expediente 044-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, dos Decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido na disposición transitoria primeira da devandita lei, en relación coa disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, o artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, de aplicación segundo o establecido na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de

outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Gamesa Energía, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto parque eólico Serra de Meira.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Gamesa Energía, S.A. Avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A. 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

Situación: concellos de Meira e Ribeira de Piquín (Lugo).

Situación (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (0.642.500,000; 4.790.000,000) V (0.642.000,000; 4.789.000,000)

V (0.642.350,000; 4.789.000,000) V (0.642.350,000; 4.788.000,000)

V (0.643.000,000; 4.786.000,000) V (0.643.250,000; 4.784.000,000)

V (0.644.000,000; 4.783.000,000) V (0.644.500,000; 4.782.000,000)

V (0.643.500,000; 4.782.500,000) V (0.643.500,000; 4.781.500,000)

V (0.643.000,000; 4.782.000,000) V (0.643.000,000; 4.783.000,000)

V (0.642.400,000; 4.784.000,000) V (0.641.700,000; 4.788.000,000)

V (0.641.700,000; 4.789.000,000)

Características técnicas do parque eólico:

Nº de aeroxeradores: 58.

Potencia nominal unitaria: 850 kW.

Potencia total instalada: 49,3 MW.

Tipo de aeroxerador: G-58.

Producción neta anual estimada: 112.545 MWh/ano.

Orzamento total: 30.601.840,59 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-58 aeroxeradores tipo G-58 de 850 kW de potencia normal unitaria.

-58 centros de transformación de 900 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente no interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico de Serra de Meira, composta por un transformador principal 20/132 kV de 40/53 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,42 kV de 50 kVA de potencia nominal unitaria cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, mediada e protección.

Afección a predios particulares:

(S.E.): superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

(S.P.): servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipamentos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo, que comprende a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

(S.V.): servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

(P.E.): superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio.

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 metros (construccións, árbores, postes ou outros).

(O.T.): ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, foran omitidas, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo, Ronda de Muralla, 70, 27071 Lugo, no prazo de 30 días, contados a partir o día seguinte ó da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico Serra de Meira poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo e concellos de Meira e Ribeira de Piquín (Lugo), podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado devandito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

É de facer constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar.

Lugo, 13 de febreiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo