Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.925

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (843/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o nº 843/2001, contra a empresa Crochee Coruña, S.L. sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

«A Coruña, 10 de decembro de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo nº 843/2001, seguidos por instancia de Anahi Benito Domec, maior de idade, asistida polo letrado José Miguel López Pérez, contra a empresa Crochee Coruña, S.L., que non compareceu, sendo obxecto da reclamación despedimento.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Anahi Benito Domec e debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Crochee Coruña, S.L., condenando a esta a que, no prazo de cinco días, opte pola readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións

existentes con anterioridade, o aboamento de 15.299 pesetas como indemnización máis, en ámbolos dous casos, ó aboamento dos salarios de trámite correspondentes, a razón de 4.080 pesetas/día.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito, na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Crochee Coruña, S.L. que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), expido e asino esta cédula na Coruña, 4 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA