Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.925

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (539/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e

testemuño de que nos autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o nº 539/2001 contra a empresa Crochee Coruña, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«A Coruña, 29 de xaneiro de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo nº 539/2001, seguidos por instancia de Dolores Elisa Valarezo Alonso, maior de idade, asistida polo letrado Santiago Güemez Abad, contra a empresa Crochee Coruña, S.L., que non compareceu, sendo o obxecto da reclamación salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Dolores Elisa Valarezo Alonso contra a empresa Crochee Coruña, S.L., condenando a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 1.183,37 euros (186.896 pesetas) polo conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso ningún, sendo firme en dereito.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Crochee Coruña, S.L. que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), expido e asino esta cédula na Coruña, catro de febreiro de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado