Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.925

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE LALÍN

EDICTO (73/2001).

Pilar Pazos González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Lalín, dá fe de que nos autos de xuízo verbal 73/2001, se dictou sentencia, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Lalín, cinco de outubro de dos mil un.

Vistos por min, Elena Rodríguez Molpeceres, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Lalín e o seu partido xudicial, estes autos de xuízo verbal, seguidos co nº 73/2001, no que interviñeron, como demandante, Otilia Saladina Portas González, asistida polo letrado González Rodríguez e, como demandados, Delfín Zobra Portas, asistido polo letrado Gamallo Pita, José Zobra Portas, Carmen Zobra Portas, declarada en rebeldía, e a herdanza xacente ou comunidade hereditaria de Mercedes Portas González e Delfín Zobra González, declarada en situación de rebeldía.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda presentada por Otilia Saladina Portas González, asistida polo letrado González Rodríguez, contra Delfín Zobra Portas, José Zobra Portas, Carmen Zobra Portas e a herdanza xacente ou comunidade hereditaria de Mercedes Portas González e Delfín Zobra González, condenando a demandante ó pagamento das custas procesuais causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe a interposición do recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá prepararse perante este mesmo xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 455 e seguintes da L.A.C.

Así o acordo, mando e asino».

E para que así conste e lle sirva de notificación ós demandados, declarados en rebeldía, Carmen Zobra Portas e herdanza xacente ou comunidade hereditaria de Mercedes Portas González e Delfín Zobra González, en ignorados paradoiros, expido, selo e asino este edicto en Lalín o quince de outubro de dous mil un.

Pilar Pazos González

Secretaria