Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.924

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO polo que se procede a dar publicidade á Resolución do 21 de febreiro de 2002, pola que se vehicula a integración e vinculación na categoría de médico de admisión e documentación clínica do persoal médico que desempeña prazas, postos ou funcións nas unidades de admisión e documentación clínica nas institucións sanitarias do Sergas.

A citada resolución estará exposta, na mesma data da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Sergas e dos centros hospitalarios dependentes destas, así como o modelo normalizado de solicitude que figura como anexo I da resolución.

O persoal médico con vínculo fixo, a que fai referencia o primeiro punto do epígrafe segundo da resolución, interesado en exerce-la opción de integración e vinculación na nova categoría de médico de admisión e documentación clínica, deberá presenta-la solicitude no modelo normalizado no prazo de 10 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde