A citada resolución estará exposta na mesma data da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Sergas e dos centros hospitalarios dependentes destas, así como o modelo normalizado de solicitude que figura como anexo I da resolución.
O persoal médico con vínculo fixo, ó que fai referencia o primeiro punto do epígrafe segundo da resolución, interesado en exerce-la opción de integración e vinculación na nova categoría de médico de urxencias hospitalarias, deberá presenta-la solicitude no modelo normalizado no prazo de 10 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación no DOG.
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2002.
Valeriano Martínez García
Director xeral da División de Recursos
Humanos do Servicio Galego de Saúde