Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída no recurso de reposición formulado por José Germán Rodríguez Patiño, que non se puido practicar no domicilio indicado por ausencia do recorrente.

Con data do 10 de outubro de 2001 o conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou resolución pola que se declara a desaparición do obxecto do recurso de reposición formulado por José Germán Rodríguez Patiño contra a Orde do 30 de xullo de 2001, pola que se convoca proceso selectivo para o acceso ás categorías correspondentes ó grupo

III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG nº 160, do 20-8-2001) e se procede ó seu arquivo sen máis trámite.

Tentada por tres veces a notificación da devandita resolución no domicilio indicado polo recorrente para tal fin, foi imposible practicala por ausencia do mesmo, resultando devolta polo Servicio de Correos.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, en virtude do presente anuncio, notifica ó recorrente a Resolución do 10 de outubro de 2001 do recurso de reposición formulado por el contra a referenciada Orde do 30 de xullo de 2001.

O recorrente pode recolle-la resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñe-lo interesado o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa comparecencia para recolle-la resolución, ou ó do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8.14º e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública