Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2002, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación dun servicio de limpeza nos locais das delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda na Coruña, Ourense e Pontevedra.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación dun servicio de limpeza nas delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, Ourense e Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 3/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: limpeza das delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, Ourense e Pontevedra.

c) División por lotes: lote I (A Coruña), lote II (Ourense) e lote III (Pontevedra).

d) Lugar de execución: delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda na Coruña, Ourense e Pontevedra.

e) Prazo de execución: nove meses (9).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: noventa e oito mil cento noventa euros (98.190 A), IVE incluído, distribuído segundo o detalle seguinte:

Nº loteOrzamento

mensual

Orzamento

total

Lote I (A Coruña)4.000 A36.000 A

Lote II (Ourense)
Rúa do Progreso, nº 381.510 A13.590 A
Rúa do Progreso, nº 1171.000 A9.000 A

Lote III (Pontevedra)4.400 A39.600 A

Total98.190 A

5. Garantías.

a) Provisional:

Lote I: 720 A.

Lote II: 452 A.

Lote III: 792 A.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio, Servicio de Xestión Económica e Control Orzamentario da Consellería de Economía e Facenda.

b) Enderezo: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de documentos e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) A xustificación da solvencia económica realizarase por algún dos medios sinalados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño. A xustificación da solvencia técnica, segundo se indica no artigo 18 da mesma norma.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: quince días naturais que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 5.3 do PCAP.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses (3).

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 12 horas do quinto día natural, que non coincida en sábado ou día inhábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da

Consellería de Economía e Facenda