Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2002, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se fai público o extravío do xustificante do depósito 1920/98 para os efectos de expedición dun duplicado.

Faise público por medio deste anuncio o extravío do xustificante de depósito 1920/98 constituído o día 9 de xullo de 1998 na Coruña, en metálico, polo importe de 538,75 euros e que garante a Luis García Martínez con NIF 33133566L.

No prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar deberán presentalo

nesta delegación territorial con domicilio na praza de Pontevedra 22, baixo.

Transcorrido o devandito prazo sen presentarse, expedirase un novo xustificante que anulará o exemplar orixinal.

A Coruña, 6 de febreiro de 2002.

José Luis Veiga Castiblánquez

Delegado territorial da Coruña