Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.888

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (922/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 922/2001 seguidos por instancia de Raquel Ramilo Varela contra Centro de Formación y Adaptación Profesional Manuel Vázquez y Otro, sobre despedimento, a maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 28-1-2002, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por Raquel Ramilo Varela, contra a empresa Centro de Formación y Adaptación Profesional Manuel Vázquez, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento, e non sendo posible a opción entre a readmisión da traballadora polo peche da empresa, debo declarar resolta a relación laboral existente entre as partes desde a data desta resolución, condenando a empresa demandada a que faga o pagamento, en concepto de indemnización, da suma de 9.375 pesetas (56,34 euros), mailos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación da presente resolución, a razón de 2.500 pesetas diarias (15,03 euros), coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidese corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contado desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Centro de Formación y Adaptación Profesional Manuel Váz

quez, que tivo o seu último enderezo coñecido en praza Mestre Mateo, 4, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 28 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado