Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.887

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE DE CARTAGENA

CÉDULA de citación de remate (1/2001).

Antonio L. Valero Canales, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número sete de Cartagena, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 1/2001 por instancia de Banco Santander Central Hispano, S.A., representado polo procurador Alejandro Lozano Conesa, contra Isidoro Campaña Martínez e Carmen Diéguez López, en reclamación de 665.269 pesetas de principal máis 450.000 pesetas que para gastos, custas e xuros se orzan sen prexuízo de ulterior liquidación. Nestas actuacións dictouse providencia desta data, na que se acorda citar de remate o codemandado Isidoro Campaña Martínez co paradoiro actual que se descoñece, para que no prazo de nove días compareza nos autos e se opoña se lle conviñer, practicándose xa o embargo dos seus bens sen previo

requirimento de pagamento, dado o seu ignorado paradoiro, baixo os apercibimentos legais en caso de non comparecer.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Isidoro Campaña Martínez, esténdese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Cartagena, 23 de xaneiro de 2002.

O secretario

Rubricado