Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.887

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (204/2000).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 204/2000 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que din:

En Carballo 5 de decembro de 2001.

María D. Rivas Navarro, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade e o seu partido xudicial, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas por lesións, rexistrada baixo o nº 204/2000, tramitada por instancia de Nicolás Balay García, en calidade de denunciante, contra Abrahán Vilches Bravo e Jacobo Oliver Rivera, en calidade de denunciados. Foi parte o Ministerio Fiscal.

Fallo: absolvo os denunciadosAbrahán Vilches Bravo e Jacobo Oliver Rivera das faltas polas que se seguiu este proceso, declarándose as custas de oficio.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe interpor, no prazo de cinco días desde a súa notificación, recurso de apelación perante este xulgado, que resolverá a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Jacobo Oliver Rivera, actualmente en ignorado paradoiro, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto, en Carballo o catro de febreiro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE

DE CARTAGENA